Quen somos

MADERGAL, S.L. foi fundada no ano 1974 e enfocada desde un principio á primeira transformación da madeira, xa que a súa localización nunha zona rica en recursos forestais permitía amplas posibilidades de adquisición de materia prima. Cos anos foi especializándose na realización de travesas de ferrocarril, así como en madeira para construción e esqueletaxes, polo cal nos avala unha ampla experiencia no sector. Entre os nosos clientes figuran moitas das grandes construtoras do país, así como importantes industrias papeleiras ou compañías manufactureras de taboleiro. Moitos dos trens que hoxe en día que circulan principalmente polo norte de España fano sobre travesas fabricadas nas nosas dependencias.

As instalacións principais constan de tres liñas de aserrado, un parque de almacenamento de materia prima en rolo, unha nave para o depósito de produto terminado, un secadeiro de calor controlada e oficinas.

Actividades principais:
Serradoiro e venda por xunto de madeiras en xeral.
Servizo público de transporte de mercadorías.
Especialidades:
Travesas de madeira e táboa de piñeiro